A Garda Civil está convencida de que o condutor kamikaze que este sábado provocou un accidente mortal na autovía A6 entrou na vía pola súa vontade. Os investigadores están a recoller a información que lles poidan dar os amigos e familiares do mozo de 25 anos que provocou o sinistro, así como os testemuños dalgún condutor que se cruzou con el.

Consideran, ademáis, moi importante o resultado das análises de sangue realizadas, pola posible presenza dalgún tipo de droga. Pois todo leva a pensar que non se tratou dun despiste, xa que o mozo suicida percorreu 30 kilómetros en sentido contrario e segundo declarou Francisco Javier López Dopico, Tenente xefe de Tráfico de Ferrol, a sinalización de acceso á autovía "é clara".

Faltan por atar cabos para saber os motivos que puideron levar o rapaz a cometer tal acción, que deixou dous falecidos (un deles, o propio suicida) e unha muller ferida de gravidade que continúa hospitalizada pero fóra de perigo. Barállase incluso a hipótese dunha posible aposta clandestina.

POWERED BY BIGPRESS