Está controlado desde o domingo o incendio rexistrado na tarde do pasado martes no municipio ourensán de Entrimo, parroquia de Illa, e que afecta a unha superficie estimada dunhas 2.800 hectáreas, das cales 700 son de arboledo.
Diso informou este domingo a Consellería do Medio Rural, que xa destacara pola mañá que o lume evolucionaba "favorablemente" e o seu perímetro non avanzaba. Así, só quedaba un foco, pero atopábase nunha zona de difícil acceso.
Nos labores de extinción do incendio, que afectou tamén o concello de Lobios, participan un técnico, 57 axentes, 154 brigadas, 80 motobombas, dúas pas, 13 helicópteros, e catro avións. Tamén colaboran efectivos dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais e os bombeiros comarcais.
EXTINGUIDOS
Mentres, ás 21,27 horas do domingo quedou extinguido o incendio forestal iniciado ás 20,25 horas do sábado na parroquia de Santigoso no concello ourensán do Barco de Valdeorras, onde arderon unhas 79,93 hectáreas, delas oito de arboledo.
Pola súa banda, ás 21,35 horas do domingo quedou extinguido o incendio que se iniciou ás 21,08 horas do mércores na parroquia de Rao no municipio de Navia de Suarna tras arder 55 hectáreas, delas 14 de monte arborizado.
Tamén ás 19,27 horas do domingo deuse por extinguido o lume declarado ás 15,04 horas do domingo na parroquia de Requeixo en Chantada, tras arrasar unhas 106,44 hectáreas, delas 57,3 rasas e 49,14 arboredos.