Imaxe aérea do incendio de Muíños. //Foto: @BrifLaza twitter


O incendio forestal que afecta o parque natural do Xurés, no termo municipal de Muíños (Ourense), e que se deu por controlado ás 2:30 da madrugada, reactivouse.


O incendio forestal reactivado queimou xa unhas 150 hectáreas de superficie dentro todas elas do parque natural do Xurés, segundo informa a Consellería do Medio Rural.


Na extinción do foco levan traballado dous técnicos, dous axentes, 10 brigadas, oito motobombas, tres pas, seis helicópteros e cinco avións.


A Xunta activou a situación 2 para este lume pola proximidade ás casas, en concreto na parroquia de Requiás


Mentres, seguen baixo control as chamas en Chantada, onde un incendio afectou a Rede Natura e arrasou unhas 106,44 hectáreas, 49,14 arboredos e o resto rasas.


MEDIOS AÉREOS 


O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente enviou medios aéreos para apoiar a Galicia na loita contra o incendio forestal declarado en Muíños.


En concreto, desprazáronse dous avións anfibios de 6.000 litros de descarga da base de Lavacolla na Coruña e dous avións de carga en terra de 3.100 litros da base de Xinzo de Limia.


O lume de Muíños afecta o parque natural do Xurés e, aínda que durante a madrugada deste martes se dera por controlado, a Xunta informou da súa reactivación e de que xa queimou ao redor de 150 hectáreas.


OÍMBRA


Ademais, esta tarde a Xunta declaraba a existencia doutro lume na provincia de Ourense do que xa se decretou a 'situación 2' pola proximidade aos núcleos de Espiño e Bousés


Este martes rexístranse temperaturas moi altas para a época do ano, con máis de 40 graos en varios puntos da provincia ourensá, o cal favorece a propagación das lapas. 


ACTUALIZACIÓN 07/09: Hai 5 grandes incendios activos en Ourense que arderon xa máis de 3.200 hectáreas.

POWERED BY BIGPRESS