Feridas unha muller e unha nena ao caer pola claraboia dun edificio en Baiona
lunes, 5 de septiembre de 2016, 11:35
Unha muller de 42 anos, con identidade E.M.A, e unha nena menor de idade resultaron feridas este domingo ao caer por unha claraboia situada no primeiro piso dun edificio do municipio pontevedrés de Baiona.
Segundo informaron fontes sanitarias, o suceso tivo lugar sobre as 11,42 horas e ao lugar trasladáronse dúas ambulancias asistenciais e unha medicalizada, así como persoal sanitario do PAC de Nigrán.
A muller e a nena foron trasladas ao Hospital Álvaro Cunqueiro para recibir atención médica tras as feridas sufridas tras precipitarse ao chan despois de que rompese a claraboia.