A Comisión de Centro de Atención Especializada denuncia o peche dos tres novos quirófanos de urxencias sete meses despois do inicio da súa actividade.
Os quirófanos de urxencias foron anunciados en sucesivas ocasións pola consellaría de sanidade, podendo verse na prensa dos días finais de marzo de 2015 a comunicación da súa apertura para despois de semana santa, posteriormente para o verán e finalmente foron abertos á actividade o 11 de xaneiro de 2016.
Sete meses despois é necesario pechalos debido ó levantamento do chan. Ao mesmo tempo, o deseño fallido destes quirófanos fai que algunhas zonas do mesmo acaden temperaturas de mais de 40 grados.
A Comisión de Centro de Atención Especializada lamenta os fallos nas obras do Sergas, particulamente neste servizo de urxencias que din, foi anunciado 'a bombo e platillo' por Feijoo, acompañado da anterior conselleira de sanidade.