O colectivo SOS Hospital do Meixoeiro esta mañá ante o Parlamento


Durante os últimos sete meses os integrantes de SOS Hospital do Meixoeiro levaron a cabo a recollida de 50.000 sinaturas “en defensa do público e buscando un cambio de sistema para ter unha sanidade que poida ser 100 por cento pública e evitar as desviacións aos centros privados desde o Meixoeiro”, destacaron fontes da agrupación a Tercera Información.


Eva Solla, número 3 da candidatura de En Marea pola provincia de Pontevedra acompañou aos integrantes de SOS Hospital do Meixoeiro na entrega das sinaturas en sinal de apoio ás reivindicacións do colectivo. A plataforma pide unha maior actividade e unha reapertura a pleno rendemento do hospital de Puxeiros.


En concreto, son os servizos de Urxencias e UCI, así como o "pleno funcionamento" dos seus quirófanos para reducir as listas de espera as peticións que leva demandando o colectivo desde a apertura do Álvaro Cunqueiro. Denuncian tamén a perda de "servizos fundamentais" e o peche de plantas de hospitalización, mentres "centros hospitalarios privados da contorna crecen día a día".

POWERED BY BIGPRESS