//Foto: @BrifLaza



A Consellería do Medio Rural declarou ás 18,53 horas deste domingo, como medida preventiva, a 'situación 2' no incendio forestal activo no Concello de Verín, parroquia de Tintores.

Esta situación operativa de emerxencia declárase porque o lume pode afectar á poboación e a bens non forestais, e require a adopción inmediata de medidas de protección e socorro.

O lume iniciouse ás 17,55 horas e permanece activo polo de agora. Segundo as primeiras estimacións, a superficie afectada é de 10 hectáreas. No seu control, traballan un técnico, tres axentes, oito brigadas catro motobombas, unha pa, sete helicópteros e catro avións.

POWERED BY BIGPRESS