Urxencias Sanitarias de Galicia atendeu a 98 persoas debido a 65 accidentes de tráfico rexistrados a pasada fin de semana nas estradas galegas.
Segundo informou o 061, entre as 15,00 horas do venres e as 23,59 horas do domingo a Central de Coordinación recibiu 75 chamadas en relación con sinistros. O sábado foi a xornada con máis incidentes, cun total de 26.
Os recursos sanitarios mobilizados polo 061 ascenderon a 96. En concreto, as ambulancias medicalizadas realizaron seis saídas; as asistenciais, 77; e as convencionais, unha; mentres que o helicóptero medicalizado asistiu en dúas ocasións e os médicos de Atención Primaria prestaron asistencia en dez ocasiones.
En 86 casos os feridos foron levados aos centros sanitarios correspondentes e en doce ocasións recibiron atención no lugar do incidente sen necesitar traslado.
A proporción de homes atendida foi do 58 por cento e a de mulleres reduciuse ao 42%. En canto ás idades dos feridos, un 32 por cento dos atendidos tiña entre os 15 e os 29 anos.
A Coruña, con 27, foi a provincia que rexistrou máis accidentes durante os desprazamentos do fin de semana; seguida de Pontevedra, con 25; Ourense, con nove; e Lugo, con catro.