- O escritor Xosé Neira Vilas a titulo póstumo e as afeccións do Real Club Celta de Vigo e Real Club Deportivo de la Coruña, foron homenaxeados este domingo nomeando un castiñeiro milenario no Souto de Riós en recoñecemento ás súas traxectorias.
- A artista Susana Seivane, recibiriu na gala do Sábado a Castaña de Cristal pola súa ampla carreira artística e a súa firme aposta polo folclore e música galegos
Este fin de semana celebrouse a IX edición do festival das artes Escénica Abelardo Gabriel en Riós. Na xornada do Sábado celebrouse a primeira xornada do Festival no que o cinema foi o protagonista. As 19:00 no Centro Cultural de Riós presentouse o musical Superpunki, e o documental O Día dos Afogados; e a partir das 22.00 horas, celebrouse A GALA DO AUDIOVISUAL presentada por Rubén Riós e na que se proxectou Vida e Máis ca Vida, e a continuación comenzarou un espectáculo musical cas actuacións de Fredi Leis, autor da música de Vida e teloneiro de Alejandro Sanz en varios dos seus concertos neste verán, Susana Seivane (premio Castaña de Cristal) e a banda de gaitas de Riós, durante estas actuacións entregouse a Castaña de Cristal a Susana Seivane.
O xornada do domingo foi unha xornada marcada pola emotividade, a música, a tradición e a gastronomía.; a partir das 12:00 horas comezarou A Ruta do Talento, trazando un percorrido ao longo de castiñeiros milenarios que nesta edición recibiron novos padriños e madriñas. Xosé Neira Vilas (a título póstumo), representado por Jose Luis Reimondez, presidente da Fundación Neira Vilas, e as afección do Real Club Celta de Vigo e Real Club Deportivo de la Coruña, este último representado polo seu Presidente Tino Fernández. Deste xeito, a organización do festival recoñece a figura de Neira Vilas, premiado e afamado narrador, ensaísta, periodista e poeta nado en Vila de Cruces (Pontevedra), que ademais de alcanzar o éxito cos seus traballos, “foi unha persoa comprometida coa sociedade galega”; e as afeccións do Real Club Celta de Vigo e Real Club Deportivo de la Coruña que fan que todos os galegos estemos orgullosos dos nosos equipos que participan na Liga española de futbol. O acto foi conducido pola xornalista e presentadora Lucía Rodríguez, e posteriormente contou coas actuacións dos nenos e nenas participantes nas Xornadas Creativas, patrocinadas pola Dirección Xeral de Xuventude dentro do proxecto RuraliZarte, e Miguel Guido (Teacher dos Bolechas)
Á noite, a partir das 22.00 horas celebrouse a IX Gala das Artes Escénicas presentada por Lucía Rodríguez. O humor chegará da man de Candido Pazó, para dar paso as actuacións de Xoel Yañez e Lucía Alvarez (teatro Viaxe da vida) e rematando cunha homenaxe a Xil Ríos da man de Tania Fuegho e Emilio Rúa.