Foto: @IvanBernaez twitter


Empezou mal, pero podía acabar peor. Póñanse en situación: de madrugada, de corpo presente na Praza do Obradoiro, pero coa cabeza nas nubes. O espectáculo temerario puido comezar coa frase millóns de veces escoitada de "non te atreves!". E alá foron. Tal e como conta El Correo Gallego, cinco mozos decidiron 'escalar' a fachada da Catedral gabeando polas estadas que non dan marchado do epicentro do turismo santiagués.


Seguramente pensaron que as vistas desde o alto ou os likes en Instagram podían compensar a imprudencia. Tampouco deberon contar coa Policía Local, que os sorprendeu no seu ascenso. Foron as únicas consecuencias, que, para o que puido ser, quedou en nada. Unha moda nova

POWERED BY BIGPRESS