A Garda Civil non ve indicios de delito na morte do bebé de Bueu que naceu na casa sen atención sanitaria, segundo os primeiros datos que puideron coñecer da autopsia. O bebé faleceu porque, supostamente, non cortaron correctamente o cordón umbilical, segundo apuntan distintos medios.


A muller púxose de parto e nin ela nin a súa parella souberon como reaccionar nun primeiro momento para dar o aviso aos servizos de urxencias. Desde o 061 explican que se recibiu unha chamada de urxencia para atender a unha muller de 39 anos de idade, e que os equipos sanitarios non puideron evitar o falecemento.


O Xulgado de Instrución número 1 de Marín fíxose cargo das investigacións, sen que se producise ningunha detención.

POWERED BY BIGPRESS