O xulgado do penal número 1 de Pontevedra condena a dous anos de prisión o autor dun lume forestal con varios focos en Lalín o pasdo 11 de setembro do 2015. Segundo informa a Radio Galega, O tribunal obrígao a pagar unha indemnización de 40.800 euros á Consellería do Medio Rural, a mesma cantidade que lle custou á administración galega os labores de extinción.


Ata 12 incendios e un total de 10 hectáreas de monte arborizado e outras 37 de monte raso provocou esta persoa entre os lugares de Castiñeira e Zobra no concello de Lalín.

POWERED BY BIGPRESS