A Real Filharmonía de Galicia presenta este martes a nova temporada
lunes, 25 de julio de 2016, 11:25
A Real Filharmonía de Galicia presentará este martes a súa nova tempada de concertos de cara ao período 2016 - 2017, nun acto que se celebrará no Auditorio de Galicia.
Na presentación, á que tamén asistirán o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, ademais do director titular da orquestra, Paul Daniel; darase conta das principais obras que se interpretarán ou os solistas e directores que colaborarán coa Real Filharmonía de Galicia ao longo do próximo curso.
Así mesmo, tamén se informará sobre os concertos didácticos e familiares que cada ano ofrece a orquestra, así como da súa participación en festivais e as actuacións que ten previstas nas diferentes cidades galegas.