Embarcación Salvamar, de Salvamento Marítimo. //Europa Press
O único tripulante dunha embarcación que ardeu na mañá deste sábado nas inmediacións de cabo Touriñán, en Muxía, conseguiu chegar a nado chegar a nado a terra, onde foi axudado polos servizos de Protección Civil do Municipio.
Segundo Salvamento Marítimo, o CAE 112 Galicia informou sobre as 10,00 horas deste sábado de que había un barco ardendo a unha milla de Cabo Touriñán. Ante iso, a Salvamar Altair dirixiuse á zona, onde apagou as chamas da embarcación e comprobou que non había tripulantes a bordo.
Tras iniciar unha procura, os efectivos de Salvamento Marítimo recibiron o aviso de Protección Civil, que informou de que o tripulante chegara a nado a terra, onde foi axudado polos efectivos deste servizo.
Pola súa banda, efectivos de Protección Civil explicaron que o home presentaba un bo estado de saúde, polo que non requiriu asistencia sanitaria e foi trasladado ao seu domicilio.
A embarcación, que quedou totalmente calcinada, acabou afundindo, segundo precisou Salvamento Marítimo.