A Consellería do Medio Rural informa de que os medios de extinción conseguiron controlar sobre as 23:30 horas deste luns un incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Lobios, na parroquia de Torno, que levou por diante unhas 35 hectáreas.


O lume iniciouse este mediodía ás 14:30 horas e segundo as primeiras estimacións, ás 5 da tarde, afectara xa a unha superficie de máis de 20 hectáreas


No seu control traballaron 3 axentes, 8 brigadas, 5 motobombas e 5 helicópteros. Pola tarde incorporáronse á extinción medios do Ministerio.


A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. 

POWERED BY BIGPRESS