O diario dixital Galicia Press non ten ningún tipo de vínculo co empresario Roberto Luis Moskowich-Spiegel Pan. Este xoves 14 de xullo de 2016, El Correo Gallego publicou unha información na que erróneamente afirma que Moskowich é o director de Galicia Press. Este diario dixital, cuxo editor é o veterano xornalista galego Manuel Fernando González Iglesias, non ten relación ningunha con Roberto Luis Moskowich-Spiegel Pan.
Galicia Press forma parte de Press Digital Group, o grupo editorial ó que tamén pertencen Catalunya Press, Press Digital, Press Digital Japan e The Economy Journal. Press Digital Group comprou a marca Galicia Press o día 9 de xullo de 2009.
A empresa POMBA PRESS S.L., á que corresponde Galicia Press, foi rexistrada como tal o día 27 de xaneiro do 2015 e está no Paseo Marítimo, 5, 3º de A Coruña. O seu NIF é B70440599.
Pola súa banda, o Consello Editorial de Galicia Press, que preside Antón Alonso, está situado na rúa Avenida de Buenos Aires, en Ourense, e a súa redacción central atópase na praza da Quintana, en Santiago de Compostela.