O centro de Educación Ambiental de Amigos da Terra en Ourense volve este verán acoller os campamentos de verán de Greenpeace. En quendas de 10 días e durante todo o mes de xullo, mozos e mozas de entre 13 e 17 anos, aprenden como traballa a ONG e formaranse en distintos temas ambientais da realidade local.


Amigos da terra defende nun comunicado a escolla deste centro para os campamentos, coa seguridade de que "non hai mellor maneira de dicir as cousas que facelas". E a organización ecoloxista galega leva unha década traballando "nos eidos da bioconstrución, enerxías limpas, alimentación ecolóxica e local, a redución e xestión dos seus residuos e a biodepuración das augas residuais".


As actividades dos campamentos desenvólvense por "voluntarios de Greenpeace, profesionais de educación Ambiental de Actio e coa colaboración de Amigos da Terra".

POWERED BY BIGPRESS