Os 16 mariñeiros do cerco galego acusados de desordes públicas polos disturbios ocorridos durante unha protesta que tivo lugar en Vigo en 2014 foron condenados a unha pena de seis meses de prisión cada un.


A Fiscalía pedía inicialmente tres anos de prisión para cada un dos acusados, pero finalmente todas as partes chegaron a un acordo de conformidade polo que os mariñeiros foron condenados a medio ano de cárcere, pena que poderán substituír por unha multa duns 1.500 euros ou que poderá ser suspendida a condición de non volver delinquir en dous anos e abonar a responsabilidade civil.


En concreto, terán que pagar, conxunta e solidariamente, 7.377 euros de responsabilidade civil á Xunta. Así mesmo, un dos mariñeiros foi condenado, ademais da a pena de prisión por desordes públicas, a pagar por dúas faltas de lesións unha multa de 240 euros e 4.200 euros de indemnización a dous policías.

POWERED BY BIGPRESS