A Sociedade Galega de Historia Natural vén de solicitar á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio que prohíba con carácter xeral as actividades recreativas multitudinarias nos espazos naturais recollidos como zonas 1 e 2 no cadro da Rede Natura 2000.


As zonas ás que se refire a asociación son territorios cun "valor de conservación" e con hábitats naturais de especial interese pola súa flora e fauna, polo que a lei obriga a protexelos e conservalos. Porén, acollen, tal como denuncia a Sociedade Galega de Historia Natural nun comunicado, actividades multitudinarias incompatibles coa protección esixida "no mesmo corazón dos espazos naturais máis valiosos, sensibles e emblemáticos de Galicia".


Dentro destas actividades destacan festivais musicais coma o 'Con V de Valarés', carreiras de obstáculos extremos coma a 'Farinato Race Lugo', carreiras de montaña, rutas de BTT e ata una proba con vehículos 4x4.


Polo tanto, a asociación esixe á Consellería que envíe este tipo de eventos ás zonas non clasificadas como de Espacial Protección e que llelo comunique expresamente a federacións, clubs deportivos e concellos.

POWERED BY BIGPRESS