O Concello da Coruña municipalizará a xestión da rede de bibliotecas da cidade, recuperando a súa xestión directa para aforrar "máis de 500.000 euros".
Na actualidade, cinco das oito bibliotecas da rede (Biblioteca Infantil e Xuvenil, Os Rosales, Ágora, Fórum e Sacra Familia) están suxeitas a un contrato de prestación de servizos a través da empresa privada
Este contrato, cun custo de 2,3 millóns de euros ao ano, finaliza o vindeiro 14 de novembro, algo que lle parece ao alcalde Xulio Ferreiro (Marea Atlántica) "unha boa oportunidade para recuperar a xestión pública de todas as bibliotecas municipais por convencemento e tamén porque a actual situación de dualidade interfere na prestación do servizo".
Conta con aforrar "máis de 500.000 euros". Enmarca a medida no obxectivo do seu goberno de municipalizar servizos públicos xestionados por empresas privadas, aínda que indica que para iso deben darse "as condicións necesarias".