A Xunta de Galicia lanzoulle ao colectivo de farmacéuticos inspectores, en folga dende o pasado 18 de maio, unha proposta de negociación que os representantes sindicais afirman estar dispostos a aceptar.
Pero prefiren asegurarse antes de facer ningún movemento. Por iso reclaman unha data concreta para o inicio do diálogo antes de desconvocar a súa folga indefinida.
CIG, CC.OO., CSIF e UXT consideran "positivo" que a administración "faga o esforzo de abrir unha canle de interlocución", pero lembraron que, ata agora, as ofertas de negociación "non tiveron concreción nin data de inicio", polo que piden aos responsables de Sanidade "que demostren con feitos reais esa vontade negociadora".
Os representantes dos inspectores subliñaron o seu desexo de "resolver este conflito" por medio do diálogo, por iso, como "primeiro xesto", decidiron desconvocar as protestas e actos reivindicativos. Tamén se comprometen, reiteraron, a suspender a folga "mentres dure o proceso de negociación".
SAÚDE PÚBLICA EN PERIGO
Os inspectores farmacéuticos reclamanque se aumente a dotación de persoal do seu colectivo,que a día de hoxe tan só ten cubertas 62 do centenar de prazas previstas cando foi creado.
Denuncian quea saúde pública "está en perigo",xa que non dan abasto para realizar todas as inspeccións necesarias, ademais de que non hai ningún inspector dispoñible polas tardes nin durante o fin de semana.
Citan como exemplo a intoxicación por auga que tivo lugar en Vilanova:pese a que tivo lugar durante a fin de semana, denuncian que "ata o luns non puido acudir ningún inspector porque non había ningún servizo de garda".