Os sindicatos reclaman claridade nas bases dos concursos de ambulancias
jueves, 26 de mayo de 2016, 13:06
Un día despois de que os traballadores de Ambuibérica se manifestasen ante a negativa da empresa concesionaria a cumprir co convenio colectivo, os máximos responsables de CCOO e UGT en Galicia, Xosé Manuel Sánchez Aguión e José Antonio Gómez, pronunciáronse sobre a situación deste sector.
Ambos coincidiron en reclamar "claridade" nos pregos das concesións, que deberían prohibir explícitamente "utilizar contratos precarios ou en prácticas", xa que se trata dunha profesión que existe un elevado grado de profesionalidade.
En todo caso, consideran que o ideal sería recuperar este servizo para o ámbito público, xa que na actualidade as empresas privadas buscan sacar beneficia competindo "con peores condicións de traballo".