Os sindicatos convocates da folga indefinida dos farmacéuticos inspectores de Saúde Público aseguran que desexan "buscar unha solución" ao conflicto e así desconvocar o paro que manteñen cada semana de luns a venres.
Pero pese a que o conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, asegurou que supoñía que se sentarían "próximamente" e "con toda normalidade" cos representantes dos traballadores, os sindicatos aseguran que non teñen "ningunha concreción, ningunha chamada".
Sostén que ten que haber "algo concreto" para desconvocar a folga, asegurando que a solución está "nas mans das consellerías de Sanidade e de Facenda". "Se Facenda ten vontade debe convocar unha mesa de negociación con algo concreto, conclúe.
Mentres tanto, seguirán coa folga e coas mobilizacións. Este mércores os sindicatos convocaron unha nova concentración sobre as 11,00 horas diante da Consellería de Sanidade en San Lázaro, tralo que prevén desprazarse andando ata San Caetano.