Os militantes de Anova avalaron a coalición En Marea para as vindeiras eleccións xerais do 26 de xuño, unha decisión que será comunicada á Mesa de Coordinación de En Marea para "seguir co camiño marcado".


Iso sí, os militantes do partido de Xosé Manuel Beiras tamén deixaron clara a súa preferencia por un partido político como fórmula xurídica para concorrer ás eleccións. 



Precisamente, a Xunta Electoral Central deu luz verde este venres á coalición En Marea para as próximas eleccións xerais, que se rexerá por un acordo político igual ao dos comicios do 20 de decembro.

POWERED BY BIGPRESS