Unha vez conseguida a adxudicación do novo modelo de Citroën para a planta de Vigo, comeza a carreira das auxiliares galegas para facerse coa fabricación das súas pezas.


En concreto, aspiran a fabricar o 30 por cento das pezas deste novo modelo, segundo avanzou este venres o presidente do Clúste de Empresas de Automoción de Galicia (Ceaga), Luciano Martínez Covelo.


Sinala que o “reto” da industria auxiliar é que se fagan en Vigo e Galicia o maior número posible de componentes, cuxo proxecto industrial bautizou co nome de ‘V20’.


Fixo estas declaracións tras reunirse co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que asegurou que a inversión de 640 millóns de euros anunciada por PSA Peugeut Citroën irá acompañada doutros 3.000 millóns de inversión por parte da industria auxiliar. 

POWERED BY BIGPRESS