A Academia de la Llingua Asturiana publica úa colección dedicada á enseñanza del galego que se fala en Asturias: Segundas foyas. Cuaderno d´actividades d´eonaviego. Pero a institución utiliza el glotónimo eonaviego, sen ter por lo menos a deferencia de informar que é galego de Asturias e, por si eso fora pouco, utilizase úa normativa que separa, en lo necesario -pero sobretodo en lo innecesario- a nosa fala galega das normas ortográficas e morfolóxicas del idioma acordadas por a Real Academia Galega.
Que as fronteiras lingüísticas non coinciden en muitos idiomas coas administrativas é de sobras sabido e sucede tamén nel caso del galego. Por eso a política desta institución (ALla), creada pra tutelar e estudiar el idioma asturiano, é, non sirve engañarse, a de invisibilizar que en Asturias ademáis de asturiano tamén se fala galego e desligar un dos idiomas de Asturias del tronco al que pertenece, da súa relevante tradición literaria e das posibilidades de futuro que lle dá ser parte dúa comunidá de falantes máis grande e da lusofonía.
Este libro pral alumnado de 1° da ESO podería e debería ser úa búa e necesaria ferramenta pero del xeito que se orienta foméntase 1a ignorancia e el desconocemento sobre a propia realidá idiomática que según el consenso científico comunmente admitido existe en Asturias.
Na mía humilde opinión, fagan lo que fagan, este idioma milenario resitirá e chegará el momento propicio nel que en Asturias os cargos políticos, institucionales e académicos mollaránse e decidirán abandonar preconceitos e chamarán ás cousas por el sou nome, e el glotónimo imposto de eonaviego será sustituido por el de galego ou galego de Asturias, dándonos permiso aos asturianos que falamos este galego a ser lo que xa somos, asturianos al noso xeito sen meternos en cuestiois identidarias absurdas e sen tratar a nosa variante lingüistica con criterios acientíficos e carentes de futuro.
Non debemos esqueicer que el galego é un patrimonio importante. Pra empezar é úa porta aberta pra dominar a variante lingüistica internacional, el portugués, falado por máis de 200 millois de persoas en América del Sur, 30 millois en África, 15 millones en Europa, 5 millois en América del Norte y 0,33 millois en Asia y Oceanía. Pra seguir, el galego xa é un idioma oficial nel Estado español (En Galicia -incluída Negueira de Muñiz unde tamén falan a variante del Eo-Navia-). Deixar e nosa variante de Asturias deconectada dun dominio lingüistico tan relevante del que é parte é un suicidio ou un sinsentido lingüistico e cultural por non falar del colonialismo cultural que supón deixar morrer un idioma e a cultura que articula.
El desprestixio que acompaña a certos glotónimos diglósicos, ás veces ditos con cariño, como son bable ou fala é un feito. Pro claro, a ALla refírese á Llingua asturiana como el idioma propio de Asturias e al eonaviego, dentro del sou ámbito territorial, como a modalidá lingüistica. Eso si, os responsables desa política venden a súa decisión alegando que nos fai máis importantes, máis asturianos, que vale a pena perder a dignidá idiomática a cambio de acabar sendo nada. Vamos que chaman oficina de “empleo” á oficina del “desempleo”.
Hoi a sociedá é consciente que saber idiomas é, ademáis dun dereto lingüistico, un saber que suma e non ocupa lugar. Ese conocemento e algo que pode útil pra ganarse a vida; por exemplo se na empresa que un traballa ten clientes de Galicia, de Portugal ou del Brasil é fácil que un asturiano del Eo-Navia teña xa muito camín andado. E sinón miren ustedes en que idiomas tan escritas as informaciois de muitos dos productos que compran, por exemplo, nun supermecado… Por algo será.