A sexta edición do Concerto das Letras Galegas, iniciativa do Consello da Cultura Galega, terá lugar este 17 de maio no Teatro Rosalía da Coruña ás 21 horas.


O grupo Milladoiro será o encargado de rendir homenaxe a Manuel María e faráno cun programa no que, amén de repasar a súa traxectoria, ofrecerá varias pezas do disco titulado "Unha estrella por guía" editado en 2007 e que consistía nuhna homenaxe ao poeta lucense percorría musicalmente libros como "Cancións do busco ao Fusco", "Sonetos á casa de Hortas" ou "As ras do vengo cebe".


Con motivo desta celebración Milladoiro ten preparado un espectáculo moi persoal e con algunha que outra sorpresa.

POWERED BY BIGPRESS