Tras cerrar un gran primeiro trimestre, o aeroporto de Vigo segue liderando o crecemento dos aeroportos galegos en abril. Por peinador pasaron durante este mes un total de 74.788 pasaxeiros, os novos voos permitíronlle gañar un 42,6% máis de tráfico con respecto a 2015.


Aínda están lonxe das cifras de usuarios de Santiago. Por Lavacolla pasaron en abril 206.093 persoas, un 4’9% máis que en 2015.


Na Coruña, Alvedro segue poñendo a nota negativa rexistrando por cuarto mes consecutivo unha caída no número de pasaxeiros. Os desvíos lastraron unha vez máis ao aeroporto coruñés, que sufriu unha caída de usuarios do 1’6% quedando con 82.308 pasaxeiros. 


POWERED BY BIGPRESS