A falta dun laboratorio centralizado no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo foi motivo de protesta antes incluso da apertura do hospital, cando un colectivo de 100 profesionais presentaron unha demanda que hoxe por hoxe se encontra en recurso de casación ante o Tribunal Supremo.
Pero os motivos que levaron a eses traballadores a presentar a súa denuncia non ten desaparecido, CCOO denunciou este mesmo martes os "problemas que está a provocar a falta dunha unidade central de laboratorio" no novo hospital, un feito excepcional "no conxunto de hospitais de Galicia e do resto de España".
Denuncian que actualmente o servizo de laboratorio no HAC está reducido a un laboratorio de urxencia de 350 metros cadrados, o antigo laboratorio do Hospital Central centralízase no Meixoeiro, obrigando segundo denuncia CCOO a " dividir as diferentes seccións do laboratorio en diferentes plantas e hospitais".
Para o sindicato a situación acaba prexudicando aos pacientes, xa que obriga a aumentar "os tempos de resposta", ademais de que fará necesaria á extracción "dun maior volumen de mostras de sangue por doente para repartir polos diferentes puntos".