O presidente do goberno en funcións, Mariano Rajoy, visita este venres Ourense, a mesma cidade onde os populares galegos celebrarán este fin de semana o congreso que proclamará por terceira vez a Feijóo como candidato á Xunta.


Pero nesta ocasión Rajoy non se quedará para asistir ao momento de gloria do seu compañeiro de partido. Tras asistir a un acto organizado por Novas Xeracións, Mariano Rajoy abandonará Galicia deixando aos populares galegos co seu congreso.


Inicialmente, anunciarase que Mariano Rajoy estaría presente no cónclave popular, pero finamente cancelouse a súa presenza por “problemas de axenda”.


Unha circunstancia á que o presidente da Xunta lle quitou ferro este venres. Feijóo recordou que “se está iniciando unha campaña electoral”, reivindicando a “autonomía” e a “entidade propia” da formación da comunidade galega.


Agradece “moito” a presenza de Rajoy no acto organizado polas xuventudes do partido, resaltando que o importante neste congreso é “renovar o partido”, e a renovación “pasa por incorporar mozos ao partido”. 

POWERED BY BIGPRESS