(foto: @bombsantiago)


Se durante a tarde do martes se tivese iniciado un incendio na capital de Galicia, tan só habería dous bombeiros dispoñibles para sofocalo. O resto dos efectivos estaban apagando un incendio en Os Tilos, no concello de Teo, deixando “desatendida” a cidade de Santiago.


Así o denuncia a mesa intersindical de bombeiros de Galicia, que sinala que se tivesen respetado o actual mapa de emerxencias, os afectados polo incendio de Teo deberían esperar aos efectivos do parque comarcal de Ordes, a máis de 30 kilómetros de distancia.


Porén, o pasado martes os bombeiros de Santiago decidiron saír da área que teñen asignada ante a información de que había vidas en perigo, deixando “desatendida” a cidade durante unhas tres horas.


Para os sindicatos este tipo de situación demostran a “insostible situación” de emerxencias en Galicia, que no ámbito de Santiago supón que “máis de 50.000 persoas teñan que ser atendidas por un parque a máis de 30 kilómetros sen mínimo de efectivos para levar a cabo intervencións con garantías”. 

POWERED BY BIGPRESS