O grupo municipal de Lugonovo acaba de chamar a atención sobre un caso flagrante de “publicidade machista” nas aforas da cidade, cun debuxo “totalmente vexatorio e humillante para as mulleres” no que se pode ver a unha muller espida xunto a un prato de comida e un signo de aprobación.
Cristina Pérez Herraiz, concelleira de Lugonovo, cricitou duramente o anuncio considerando que “cando hai asasinatos de mulleres ou casos de maltrato todo o mundo se escandaliza, pero logo consentimos este tipo de violencia de xénero, que é o seu xerme, con total normalidade”
Sinalan que a presenza destes carteis é aínda máis grave porque o concello de Lugo aprobou o pasado mes de novembro unha ordenanza municipal orientada á prohibición de publicidade sexista. Tamén se aprobou, en febreiro deste ano, outra moción para aadhesión de Lugo á Rede de Cidades Libres de Tráfico de Mulleres, Nenas e Nenosdestinados á prostitución, cuxo segundo punto contempla “deseñar unha campaña periódica para sensibilizar á poboación sobre que a prostitución equivale á explotación sexual das mulleres e polo tanto é unha forma máis de violencia de xénero”.