O polémico Acordo Transatlántico para o Comercio e a Inversión, máis coñecido polas súas siglas en inglés (TTIP) pode significar "a ruina do sector agrario europeo" e por extensión da agricultura galega, según sinala un informe elaborado por Amigos da Terra e a Coordinadora de Organizacións de Agriculturas e Gandeiros (COAG).


O informe leva por nome “O TTIP, sementando perdas para o sector agrario”, e conclúe que trala entrada en vigo do tratado "aumentarán enormemente" as importacións de produtos estadounidenses, mentres que os produtores da UE "apenas se verán beneficiados" polas exportacións. Citan estudos que diagnostican que a contribución da agricultura ao PIB europeo diminuirá un 0'8%, mentres a estadounidense aumentará nun 1'9%.


En todo caso, os agricultores europeos terán que afrontar "unha competencia máis forte e unha caída dos prezos

percibidos", algo que segundo indican pode amenazar a viabilidade do sector. Algúns sectores teriano ademais máis difícil que outros. É o caso da carne de vacún, no que segundo denuncian o propio Ministerio de Agricultura de EEUU prevé caídas nos prezos percibidos polos agricultores europeos.


A responsable de agricultura e alimentación de Amigos da Terra, Branca Ruibal, asegura que trala firma do TIPP “a importación de produtos estadounidenses á UE socavará o mercado local europeo, en detrimento de un traballo digno para o mundo rural e a calidade da nosa alimentación". Ante ese modelo, aposta por " reorientar a agricultura europea cara a un modelo respectuoso co medio ambiente, capaz de crear emprego e manter un medio rural vivo".


Na mesma liña Miguel Branco, Secretario Xeral de COAG defende o seu rexeitamento do TTIP porque "pon en perigo o modelo social e profesional de agricultura da UE e a aposta estratéxica dos nosos agricultores e gandeiros pola calidade, a seguridade alimentaria, o benestar animal e o respecto ao medio ambiente". "Non podemos aceptar que se utilice unha vez máis a agricultura como moeda de cambios nos acordos comerciais con terceiros países”, conclúe


PERIGO PARA AS DENOMINACIÓNS DE ORIXE


No informe tamén se considera que o tratado suporá un ataque contra as denominacións de orixe, pois cuestiona a aporta da Comisión Europea pola súa protección.


As denominacións de orixe son unha figura europea que protexen certos produtos vinculados ao territorio onde se producen, con todo, esta fórmula non se recoñece internacionalmente. O informe considera que trala entrada en vigor do TTIP os consumidores poderían atopar na súa tenda habitual " queixo de Arzúa producido en Wisconsin, viño do Ribeiro de California, etc.

POWERED BY BIGPRESS