A Plataforma SOS Sanidade Pública envioulle aos concellos da área sanitaria de Vigo un modelo de moción para que esixan dende os seus plenos o “rescate” da sanidade pública, apoiando ademais a manifestacióconvocada en Vigo para o vindeiro 12 de maio pola Xunta de persoal do Chuvi e por esta plataforma.


SOS Sanidade Pública informa de que a moción xa foi aprobada polo Concello de O Porriño, donde goberna a socialista Eva García de la Torre apoiada por toda a oposición excepto polo Partido Popular, que votou en contra da proposta.


No modelo de moción que envía a plataforma exponse deficiencias como a “renuncia a un Complexo Hospitalario de referencia estratéxica para o Sur de Galicia, a redución de camas , o deterioro da atención primaria” ou as decisión que segundo eles converteron o novo hospital de Vigo “nunha gran superficie comercial incapaz de satisfacer as necesidades de atención especializada da cidadanía”.


Reclaman entre outras medidas que se “reintegre” o Hospital Álvaro Cunqueiro ao Sistema Sanitario Público, que se manteña o funcionamento do Hospital do Meixoeiro recuperando “as camas e recursos recortados” que se manteñan os usos sanitarios nos dous anexos do Hospital Xeral e que se denuncie o concertó e Povisa “en base ás irregularidades no contrato”. 


POWERED BY BIGPRESS