Santiago acolle este xoves un encontro público no que expertos analizarán a problemática do acoso escolar, organizado polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia na sede de Afundación de Santiago.
No acto, que comezará ás 19,00 horas, intervirán a psicóloga educativa Olegaria Mosqueda; o inspector de Educación José Fernando Carrasco; e a presidenta da Confederación Galega de Anpas de Centros Públicos de Galicia, Helena Gómez. A moderadora será a decana do Colexio, María Rosa Álvarez Prada.
Segundo lembrou o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia o acoso escolar é unha forma de violencia moi grave cunha maior incidencia na adolescencia, conforme sinala o estudo da Fundación Anar (Axuda a nenos e adolescentes en rega).
Por iso, asegurou que é un dos principais retos que ten por diante a psicoloxía educativa e o sistema educativo no seu conxunto.