As augas están inquietas na área sanitaria de Vigo. Según se achega a manifestación convocada para o vindeiro 12 de maio, o Hospital Álvaro Cunqueiro non aguanta unha semana sen algún tipo de concentración ou protesta. Hoxe máis dun cento de traballadores sumáronse á convocatoria da CIG, rodeando o hospital protestando contra a "falta de persoal" e a "precariedade" existente "en todas as áreas do hospital".


Alberte Gonçalves, secretario da CIG en Vigo, destacou o "impacto directo na calidade asistencial" que supón a precariedade dennciada, que afecta tanto o ámbito sanitario como a áreas como a "cociña e mantemento".


Sinalan que os pacientes deben soportar fallas como a "comida intragable ou a falla dunha limpeza axeitada por mor das condicións impostas polo Sergas e a concesionaria", ademais de ter que asumir o "novo imposto á enfermidade" que para eles supón o parking privado.


Ante esta situación quixeron aproveitar para animar aos traballadores e usuarios a sumarse ás manifestacións convocadas este 1º de maio e á convocatoria da xunta do persoal e de SOS Sanida de Pública para "rescatar" a sanide pública o vindeiro 12 de maio. 

POWERED BY BIGPRESS