Os sindicatos esixirán o vindeiro domingo 1 de maio, Día do Traballador, a derrogación da reforma laboral. Tanto CCOO e UXT por unha banda como CIG pola outra sitúan esta lei como un dos principais lastres dos traballadores, contra o que cargarán nas súas respectivas manifestacións.


En concreto, CCOO e UXT tamén esixirán un "aumento" do investimento público e un "plan de choque" en materia de emprego. Ademais, solicitarán unha reforma fiscal que "aumente a recadación" e a "xustiza" do sistema, así como un "reforzo" da negociación colectiva.


A CIG, pola súa banda, amplía as reclamacións pedindo que se derrogue non só a reforma laboral do PP senón tamén a que levou a cabo anteriormente o PSOE. Do mesmo xeito, tamén demandan a derrogación da 'Lei Mordaza', que consideran como un "complemento do PP ás contrarreformas laborais", un instrumento "para reprimir de forma directa, sen ter que chegar aos xulgados, calquera mobilización social".


CCOO e UXT levarán a cabo un acto central en Vigo e outras manifestacións en A Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Viveiro, Ourense, Arousa y Pontevedra. A CIG, pola súa banda, convoca protestas en Vigo, A Coruña, Pontevedra, Ferrol, Santiago, Lugo, Ourense, Ribeira, Foz, Vilagarcía, A Estrada, Cee e Cangas. 

POWERED BY BIGPRESS