Unha cesión do País vasco permite retomar a pesca accidental de caballa para artes menores
miércoles, 20 de abril de 2016, 09:42
Este mércores abriuse de novo a pesca accidental de caballa para artes menores, despois de que a Federación Galega de Confrarías conseguise unha cesión de 120 toneladas por parte da frota vasca.
Unha semana despois de que se pechase a pesca de caballa para artes distintas ao arrastre e ao cerco por esgotarse a cota galega, esta reapertura permite que os barcos galegos de baixura poidan aproveitar os exemplares desta especie que caian nas súas redes.
Aínda así, non hai vía libre, o tope previsto é de 300 quilos por embarcación á semana.
A asociación de armadores de artes menores (Asoar-Armega) segue denunciando a "repartición inxusta" das cotas de caballa e reclaman ao Goberno unha nova distribución "lineal, por embarcación e tripulante".