A galega Vero Boquete lidera a España cara a Eurocopa
miércoles, 13 de abril de 2016, 19:24
A selección femenina de fútbol impúxose ante Irlanda, acadando unha racha de seis victorias consecutivas e afianzando prácticamente a clasificación para a Fase Final da Eurocopa de 2017.
Unha vez máis, a xogadora galega Verónica Boquete foi decisiva. Aínda que comezou o partido fallando un penalti, despois resarciuse anotando dous dos tres goles que tumbaron ao conxunto irlandés.
Seguen por tanto as españolas como primeiras de grupo, despois de conseguir os 18 puntos posibles nos 6 partidos da Fase de Clasificación do Campionato de Europa de Holanda. A súa clasificación está prácticamente asegurada, podería confirmarse matemáticamente en función dos resultados dos seus rivais nos partidos que se disputarán durante o mes de xuño.