Delegados da CIG concentráronse este martes en Vigo denunciando a pretensión da patronal do sector conserveiro de impoñer condicións laborais que fan que esta industria retorne "ao século XIX".


Denuncian o bloqueo nas negociacións do convenio deste sector, reclamando que se redacte un "convenio galego" para o sector, semellante ao que xa teñen os traballadores de Huelva ou Euskadi.


A voceira do sindicato, Rosa Abuín, recorda que estamos ante unha industria "moi subvencionada" na que traballan unhas 6.000 persoas en Galicia. Lamenta que as axudas e investimentos en I+D+i non se reflexen nunha mellora das condicións laborais do persoal.


Reclaman que se manteña o complemento de antigüidade, que se establezan condicións de igualdade entre homes e mulleres e que se incremente o seu salario nun 3%. 

POWERED BY BIGPRESS