A Asociación de Armadores do Cerco de Galicia (Acerga) presenta este venres un recurso ante o Tribunal Xeral da UE, en Luxemburgo, pedindo a anulación do reparto de TAC e cotas de pesca. 


Entenden que este reparto prexudica "gravemente" a España e como consecuencia a Galicia, salientando que se trata dunha rexión "altamente dependente da pesca". 


Paralelamente, os armadores están "esperanzados" coa postura da conselleira de Pesca, Rosq Quintana, e por iso "tende a man" á Xunta para que "se una ao esforzo que fixeron os armadores desde hai varios meses con este recurso", co obxectivo de presentar ante a UE "unha imaxe de unidade entre o sector e a Administración".



Así, considera que o recurso "é vital para evitar que cada vez haxa máis familias que sufran as consecuencias dun reparto inxusto de cotas".

POWERED BY BIGPRESS