Os teleoperadores galegos deixaron os seus postos durante unha xornada de folga de 24 horas cun seguimento maioritario, segundo o sindicato convocante. Protestaron polos 450 días que levan traballando sen convenio mentres as súa situación laboral seguiu a "empeorar". 


Coincidindo coa folga, a CIG organizou unha concorrida manifestación que percorreu as rúas de Vigo dende as instalacións de Unísono na Gran Vía ata as de Bosch en María Berdiales. Na Coruña e en Ourense tamén houbo concentracións diante da Subdelegación do Goberno e no Parque Tecnolóxico. 


Os teleoperadores denuncian que son "a voz de grandes empresas e multinacionais", pero que ten que "calar ante os abusos desas mesmas empresas". Denunciaron a precaridade dos traballadores dos centros de chamadas, asegurando que representaban a un colectivo de persoas que estaban "fartas". 


O obxectivo concreto da folga foi reclamar que se acelere a negociación do convenio estatal de Contact Center, que venceu en decembro de 2014, e que a día de hora segue "sen avances".

POWERED BY BIGPRESS