O xurado popular declarou por unanimidade culpables de asasinato a Rocío G. G. e Albertina T. F., considerando que ambas acabaron a golpes coa vida do octoxenario Secundino Prego para así poder herdar os seus bens.
O veredicto determina que as dúas acusadas "de común acordo" atacaron ao anción golpeándoo varias veces con diversos obxectos na casa na que o coidaban en Chancelas, Poio.
Para chegar a esta situación basáronse na confesión de Rocío G.G., quen ante o tribunal explicou que ambas as procesadas foron as autoras da morte de Secundino na súa casa de Chancelas en febreiro de 2014.
Ademais, o tribunal popular baseouse nas numerosas probas achegadas durante o xuízo, entre outras, os restos de ADN da vítima nos pixamas das procesadas, xunto a outras probas periciais como as "contradicións" de Albertina T. F. na súa chamada de socorro ao 112 "durante a simulación do roubo" ou na súa declaración ante a Garda Civil.
O xurado entende que estas "empregadas domésticas" levaron ao ancián a unha "zona escura e solitaria" onde lle atacaron sen que o home tivese "ningunha posibilidade de defensa", e que o fixeron "para facerse coa súa herdanza" xa que Albertina T. F. era a súa herdeira universal.
O veredicto acepta a atenuante de confesión no caso de Rocío G. G. porque asume que houbo pola súa banda "colaboración no descubrimento dos feitos".
O tribunal popular descarta que Rocío G. G. sufrise un "medo insuperable" a Albertina T. F., motivo polo que, segundo declarou, actuara seguindo as súas ordes. Pola contra, cren que ambas tiña capacidade mental "para recoñecer a ilicitud do que facían". Igualmente descartan a existencia de trastorno mental no caso de Albertina T. F..
PETICIÓNS DE 20 E 25 ANOS
A Fiscalía pide unha condena de 20 anos de prisión para ambas por un delito de asasinato, mentres que a acusación particular eleva a petición de pena a 25 anos para cada unha das condenadas.
A defensa de Rocío G. G. anunciou a súa intención de recorrer e solicitou á maxistrada presidenta da Sección Segunda da Audiencia de Pontevedra que dite unha sentenza "na súa mínima extensión" e na que se teña en conta a atenuante de confesión admitida polo xurado.
Igualmente o letrado que defende á outra acusada adiantou que recorrerá e pediu unha sentenza cunha condena de prisión "na súa mínima extensión".