Xosé Manuel Beiras non se engana. Sabe que aos seus 79 anos presentarse como candidato á Xunta "non é verosímil" porque non podería garantir poder "cumprir o compromiso adquirido". Pero aínda así prefire non pechar a porta á posibilidade.


Nunha entrevista para a Radio Galega o histórico referente nacionalista e actual portavoz de AGE recoñeceu que "moita xente" dille que "sería asumido como candidato por todo o espectro amplo da esquerda plural" e que, sendo un "factor de unidade, sería estúpido dicir non". 


Beiras remítese ao factor de "aletoriedade" que segundo el existe nos procesos sociais para defender que non pecha a porta a ningunha posibilidade, asegurando que "nunca da as cousas por certas". 


En todo caso, trala confirmación de Feijóo como candidato do PPdG é previsible que o resto dos partidos comecen a moverse para non quedarse atrás. 

POWERED BY BIGPRESS