AGE fixo balance este venres da visita de tres días dunha delegación da Comisión Europea, aproveitando para cargar contra a xestión da Xunta neste ámbito. Así, o deputado Juan Fajardo referiuse a Feijóo como o “seputureiro do mar”, asegurando que se rexistrou unha perda do 20% do emprego pesqueiro en Galicia dende que chegou á Xunta en 2009.


Para o parlamentario, a administración esqueceuse de tratar “cuestión fundamentais” como que a Xunta siga “mirando cara outro lado” e permitindo que “vender fraudulentamente mexillón doutros países como galego”, aínda despois de que se gañase unha sentenza contra a fraude na etiquetaxe de mexillón”.


“Se xa había razóns suficientes" para que a conselleira do Mar, Rosa Quintana, "abandonase a política", esta é "unha máis", asegurou Fajardo antes de reivindicar o compromiso do seu grupo coa pesca tradicional, “o único mecanismo para crear emprego no sector”.


Pola contra, sostuvo que na visita da Comisión de Pesca, o PP estaba "interesado en non falar de pesca tradicional" e, pola contra, prefería falar de "Anfaco", dos "produtores" e de "as grandes empresas e multinacionais".


POWERED BY BIGPRESS