O Tribunal Superior de Xustiza acaba de determinar que a Xunta deberá indemnizar con aproximadamente medio millón de euros á empresa portuguesa EDP Renewables Europe S.L., como compensación pola anulación do concurso eólico do bipartito.
A empresa resultara adxudicatoria de catro parques eólicos e presentou un recurso cando o concurso foi anulado en 2009, pedindo que lle foran devoltos os case 600.000 euros nos que cifraba os traballos preparatorios. O tribuna dálle a razón en parte, obrigando a Xunta a devolver a meirande parte dos gastos, aínda que rexeita varios deles relativos a manutención, desprazamentos e salarios.
Ademais, o TSXG tamén sinala varios errores da administración. Critica que a Xunta omitiu no seu día "interesadamente" información sobre cándo a compañía entregou unha determinada documentación. Tamén lle atribúe "mala praxis administrativa" porque tan só "a vía contenciosa foi capaz de reactivar o deber administrativo de tramitar".