A Xunta pretende converter a actual estación de buses de Santiago nun edificio de oficinas, ao que pretende trasladar entre 1.100 e 1.300 empregados públicos que actualmente desempeñan o seu traballo en locais de aluguer.
O obxectivo é aforrar parte dos cartos que gasta cada ano a administración en alugueres, aproveitando que o edificio quedará baleiro cando se poña en marcha a estación intermodal no centro da cidade.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, confía en que o traslado da estación de autobuses e a reforma do edificio estará rematado durante a vindeira lexislatura. Polo de agora, convocarase un concurso de ideas para acometer a reforma.
A estación de autobuses está situada a carón do actual das actuales dependencias da Xunta en San Caetano, nas que traballan uns 2.300 empregados públicos. O obxectivo é unir as novas dependencias coas actuales, aumentando a superficie total da sede da Xunta entre 15.000 e 18.000 metros cadrados, prácticamente dobrando o espazo actual.
Feijóo remarcou que, actualmente, as arcas autonómicas desembolsan uns 2,5 millóns de euros de alugueres ao ano en Santiago, unha cantidade que se aspira a reducir conforme á política de "alugueres cero" que busca o seu Executivo.