O plan de axustes presentado por PSA Citroën, que inclúe un ERE extintivo e dous suspensivos, quedou aprobado definitivamente este martes, tras recibir o apoio de gran parte das seccións sindicais. En concreto, o sindicato maioritario SIT-FSI, UXT e CCOO asinaron o documento, rexeitado pola CIG e CUT.
Queda por tanto aprobado o ERE extintivo que afectará a 400 empregados, maiores de 59 anos que queiran poñer fin á súa vida labora e menores de 50 que queiran abandonar a empresa. Durante o proceso de negociación, os sindicatos conseguiron que a directiva aumentase as indemnizacións para os traballadores menores de 50 anos que decidan acollerse a este ERE de forma voluntaria.
Tamén se aproban definitivamente os ERE suspensivos, cos que a directiva espera axustarse á previsible caída de produción que se dará ata a chegada das furgonetas K9 e do novo vehículo ao que opta a compañía.
O acordo tamén inclúe medidas en positivo. Se finalmente se consegue a adxudicación do novo modelo e aumenta a produción, a directiva abre a porta a habilitar unha nova quenda nocturna durante a fin de semana, que podería chegar a supoñer máis de mil contratacións.
FInalmente, o que queda fóra do acordo é idea inicial de reducir as vacacións de agosto de 3 a 2 semanas,facendo que os traballadores disfrutasen a terceira semana durante outro mes.