Haberá que ir con coidado en Semana Santa. A Dirección Xeral de Tráfico activará cinco novos radares nas provincias da Coruña e Ourense o vindeiro 17 de marzo, todos en estradas convencionais. 


Por primeira vez en Galicia, instalaranse radares de tramo en estradas convencionais, un na N-550 cerca de Santiago, á altura de A Sionlla e outro na N-525 ao seu paso por Ourense. 

En ambos casos, os dispositivos controlarán a velocidade nunha dirección. Pero tamén se instalarán outros dous radares fixos no carril contrario, quedando o tráfico controlado en ambos sentidos. 


O último dos novos radares situarase en Oleiros, concretamente nas curvas de Biona da AC-12



POWERED BY BIGPRESS