A patronal do sector metalúrxico reclamou o apoio das administracións públicas, incidindo na necesidade de que España consiga unha estabilidade política para que non se "paralicen" investimentos e proxectos.
Así o manifestou o presidente de Confemetal, Antonio Garamendi, que asegurou que a situación política está prexudicando os índices de confianza de empresas e consumidores. Reclámalle aos partidos "que sexan responsables" e que cheguen a acordos, cumprindo os obxectivos marcados por Europa para que non se perdan os investimentos.
O presidente de Confemetal lembrou que o sector industrial foi un dos que mellor aguantou " durante os anos de crise, e apuntou que a industria ten "un emprego mellor, de maior calidade", e favorece a innovación.
Con todo, admitiu que "aínda queda un treito" para que o sector metalúrxico recupere o peso que tiña hai uns anos no PIB español, e por iso, reclamou o apoio das administracións para esta industria
.
OPTIMISMO PARA 2016
Pese a todo, o presidente de Asime Julio Gómez, asegurou que o metal galego experimentou unha recuperación nos niveis de emprego e facturación durante os últimos anos. Lembrou que as máis de 3.500 empresas do sector dan traballo a máis de 63.000 persoas.
Amosouse "optimista" con respecto ao 2016, estimando que o metal pode ter un crecemento dun 3 por cento este ano. "Vemos ao sector relativamente ben, dadas as circunstancias", concluíu.